Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

27/1/24

Khaled

 

Nese momento,  os mozos  que xogaban fóra marcaron un gol.  Os estridentes sons do seu xúbilo asolagoran a habitación, e Rhet Shel saíu correndo para presenciar a diversión e compartir a súa nova música.

[...] Hoxe marquei un gol xogando ao fútbol con Wasim e Tawfiq. Puiden ver a Yusra observando desde a súa xanela. Sei que todo está na miña cabeza. Pero sentín como o balón rebotaba no meu pé e entraba na portería. Sentín o abrazo dos meus amigos. Sentín os ollos de Yusra sobre min e os brazos dos meus amigos ao meu redor.

O azul entre o ceo e a auga, Susan Abulhawa, 2023