Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

Máis aló do campo

Pois, si. Máis aló, atópase esta proposta escénica tan xeitosa, de Vero Rilo e Faia Díaz.
Historias de "todas as pesetas" como advirte ao público Vero ao comezo, por se alguén espera algo distinto do que se vai ofrecer... 
Relato intenso por parte da contadora, cheo de emocións e... poesía, esa que está diante dos nosos fuciños cada día nas verbas de alguén achegado. 
Pezas musicais rescatadas da noite dos tempos pola cálida voz de Faia Díaz, quen contribúe á dinámica da proposta con ambientación sonora diversa.
A posta en escea case minimalista fai evidente que a esencia do conto son elas.
Acáenos falar de "Por unha peseta" porque hai algo de fútbol 'caseiro' nunha das narracións... 
Outros aspectos de interese desta combinación maxistral teredes que descubrilos véndoas, como ten que ser!



No hay comentarios:

Publicar un comentario