Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

6/8/25

Xogador recadeiro

 

-Tampouco se poña así que eu vin por vir, xa llo dixen. Válelle mañá cando acabe o partido de fútbol?
-Hei ter que agardar a que acabe a retransmisión para que veñas traerme a comida? O que me faltaba. Encargareillo a outro, será por taxistas.
-Quen falou de televisión? Xogamos nosoutros! Eh, que estamos nos oitavos de final da Copa do Farallón de Fóra, un campionato de xogadores veteranos da provincia no que se xoga o orgullo da vila. Non pense que vou pasar de xogar por andarlle de recadeiro. Se lle vale, ben. Se non, aí queda.
-E xogades un mércores?
-Aquí non hai apuro porque xa non hai xente nova que empregue as instalacións, pero noutras vilas é o único día que teñen libre o campo. Xa sabe, son moitas categorías: biberóns, infantís, cadetes, xuvenís...
-Vale, vale, vale. Non entendo nada de fútbol e tanto me ten. Dás chegado antes das once da noite?
-E antes das dez tamén.
Rosa Aneiros, A noite das cebolas (2024)