Hoxe
en día mirando dende o vacío
ó chan desde a cadeira de rodas, babexando sen remedio, sendo un
vexetal con ningunha consciencia de si, apartado e esquencido coma
agora mesmo neste rechuncho namentras o celador saborea un café só
largo, menos insensible do que poda semellar e coma inmerso tamén na
súa negrura. Só, así o deixou a vida. Nin sequera unha rutina. Só
un manual de movementos forzados pra previr embolias e rozaduras.
O
fútbol afeccionado non ten memoria. Non hai focos, nin Nodos, nin
secuencias, nin reminiscencia, non hai cabos que atar e non se
desatan luces de ningún modo.
El
foi un ídolo no seu tempo, nos primeiros tempos do clube de fútbol.
Provocou a paixón desatada, encheu o estadio alporizado, adorado
case de xeito exacerbado, calquera dos seus xogadores mataría por él
coma un soldado, tiraríase en barrena coma un kamikaze, gañounos na
lama, levárono na alma dende o ano que levantou a Copa. Foi marcial,
paternal e visceral . Agora excarcelado na cadeira semella non
recordalo. Menos mal. .
Dende
que foi deixando todo, abandonándose, foi cubríndose de paos
vitais. A morte dos pais. Duras enfermidades, dous cancros duros e
prolongados que o sumiron tamén unha terrible dor pra cal nunca
estás entrenado.
Foi
ela o único consolo, durante anos. Poder vela sobre as once case
tódolos dias cando recollía o pedido do almacén de colmado. Anos
sabendo que lle era inaccesible, desexanldo un roce. Ata que un día
cando xa logo acariñaba xubilarse, ela lle insinuou:
-Bueno
xa logo non terás que voltar traerme nada, vou pechar.
-Oh,
¿e iso?
Niso
,entraron uns clientes reclamando a atención dela.
-Maña,
xa falamos. Asertoulle cun guiño de complicidade.
Entristeceuse
súbitamente ata o infinito. Durante unhas horas, centos de
posibilidades lle viñeron á cabeza, miles de días futuros, non
imaxinou que ningún era del. Pero, con todo, non houbo un mañá.
Esa noite producíuselle o derrame cerebral que o deixou postrado e
olvidado. A coitelada da pena, do movemento e do pensamento.
(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)
No hay comentarios:
Publicar un comentario