Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

11/6/18

Enlazando

Hilvanando o croquis da viaxe sae tren do museo contemplando o horror

E a difuminación da perspectiva o que nos leva a transformar os seguintes enlaces en pequenos pasos que nos permiten ir camiñando hacia diante sen poder desandar o andado.


Non reflexionamos ao mellor coherente e sanamente en cada decisión tomada. Só o tempo en perspectiva e cando afoga nos fai meditar en cada tramo avanzado, porque virou a mar salgada ou bogou a cancións do deserto.

Cando xa non hai palabras e o nudo do medo afala é cando se ensoñan tódalas resonancias que tal xiro do destino nos puido ter arrastrado ou alonxado. Cando non hai volta de folla. A esencia é a divagación na intrincada Ciencia dos universos paralelos, a máis infructuosa ciencia de tódolos estudos científicos, asentada sempre no pilar básico de que o único aserto empírico é que tódolos enlaces conducen a ninguna parte. A única ciencia na que cada experimento que tenta demostrar ou concluír algunha antítese é realmente doloroso.

Pola tarde naveguei, partin dun porto usb, estiven gogleando coa rosa dos ventos, coa pose dos tentos, de acó pr'alo, ata que collín unha boa onda, que me arrastrou por unha corrente subversiva, dun blog de xardín partín ata Pekín, onde non entrei por que loguei corredor da morte, debín buscar en inglés death runner, ou simplemente busco a Bolt, Usain Bolt. Voltei a pista coma un funambulista polas redes, e sin rede por certo. Descarguei música sin xeito, de moito suxeito, pouco predicado, algún éxito tiven por iso ainda bailo, catro pasos básicos si, movendo aínda a cabeza tamén.

Esta semana non errei, mantiven unha liña continuísta, nin un hábito modifiquei nin veredas extranas tanteei, estamos aínda no inverno, non quero que me colla máis o frío.
Este último ano volvín perder outros tantos amigos e unha persoa ben querida.
Cambios nimios uns, outros cambios bruscos e profundos coma gota fría. E que o tempo está tolo, tan tolo coma quen o fai tolear.


(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)

No hay comentarios:

Publicar un comentario