Durante
máis dun lustro odiei o fútbol a rabear. Odieino coma quen non
quere entender nada, facíame dano como mo fixo todo o punzante nos
ollos durante toda a infancia. Unha grima superior a todolos desexos.
Concentrados estes en toda a xuventude en calquer peregrino suspiro
que arrecendese a primavera viral, a convulsión sensual, a calambre
rítmico, a dolor alleo, a perfume cósmico, a himnos luminosos, a
deja vú extremo, a licor de melocotón con melocotón e fume de
cenorias, a ti, a quen sabe e se sabe cristalino.
A
esencia do deporte é o autoservicio, fonte de saude inagotable. Se
non acontece desfrutalo pode ser ata daniño pro cerebro. Supoño que
padecín a cara máis amarga. E medrou en min un sentimento de receo
e quebro, xa está. A vida é máis que o fútbol, e debe anteporse
sempre. Segundo é verdade que ninguén é mellor que todos xuntos,
tamén é certo que o xenio é unico e hai que deixalo.
Volvínme
enganchar, maiormente coma sofridor e o detonante foi meu irmán.
Nisto o sangue tira moito, pra comprobalo só hai que velo forofismo
dos pais polas suas infantís creaturas, os ultras máis radicais son
eles. Non foi de todo a vea paternalista a causa de que a cegueira
ensaiase sobre min un desparrame de balompé. Meu irmán non era un
xogador excepcional, nin sequera de lustre. Pero era dese clase de
tipos que emocionaban. Sobráballe paixón e contaxiábaa. Non
destacou enormemente no fútbol, pero despois das lesións ao seu
xeito triunfou, pois foi coma unha lapa que encendeu máis dun lume.
A sua perseverancia como ser humano conquistou almas pra causa.
Coma
na vida os máis listos son os que máis deslumbran e os que máis se
soen admirar. Eu prefiro enaltecer a vontade dentro dos valores
humanos, pois ata foneticamente está máis cerca da bondade. Ai
daqueles "vontadosos " que tiran dos carros, que
engrandecen o que queda do día e se deixan a pel na vida alén tamén
do fútbol.
Quen
non pode ver irmáns no fútbol, non é futbolista. Eles son os que o
dan todo por ti, os que loitan e sofren por ti, que choran e se
emocionan contigo, e que se preocupan as máis das veces en silencio,
sin que ti os vexas.
Como
a vida é folosina e dura haberá outras viraduras, non se sabe
cando, nin por qué, simplemente porque é furafollas como ela soa.
Co teu consolo e a túa man sempre renacerei, irmán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario