Como
alucinas. Nin con Uma Thurman nin con Zeta Jones no reparto se
consegue facer facer un peliculón co fútbol de envoltura ficticia,
e menos no que sexa o auténtico protagonista. Mira que hai grandes
películas que teñen como telón de fondo o deporte. Por por certo
criterio, postos a escoller, e a pesares da lexíón de fans Rocky,
a preferida da crítica é Toro
Salvaxe:
ata Stallone recoñecía que De Niro xogaba noutra Liga. Hai moitas e
entretidas cintas cinematográficas nas que merodea o fútbol, e
serios e sinceros exercicios de realización como The
Damned United,
Green Street
Hooligans,
Ciudad de Dios
ou El Milagro de
Berna.
A maioría deles acércase dende o xénero comedia, ou comedia
romántica ou de situación: El
penalti más largo del mundo,
Un gran equipo,
Jugando por amor,
Quero ser como
Beckham...
Con maior ou menor acerto o fútbol está presente comandante, pero é
dificil transmitir a esencia do fútbol, a tensión, a emoción, o
sentimento, coma se faltara collerlle o ritmo o partido, falla tamén
a plasticidade do deporte. Os ganchos de De Niro, ostias!! parecían
de verdade, nese caso tamén os de Stallone. Pero non é o mesmo
plaxiar un puñetazo que un regate. Pero hai máis: no fútbol
recreado desde o corta e pega dos fotogramas e desde os libretos
pécase de antinaturalidade, que fai Fernando Tejero arrimado o poste
co petillo entre os dedos? É un partido de verdade e transcendente,
a que ben isto? a provocar a gargallada? vale si, pero iso non é un
fútbol que faga creíble a peli, e a peli non é mellor por
cachondearse do futbolista. Pasar, claro que acontece pero nas
pachangas, e xa non en todas; se te xogas unhas cañas, non te pos a
fumar intentando tirarlle un caño ao pakete ese. Desde a edición: a
que vén aquela chilena de Pelé? coma unha slow
motion,
que querían deixar quedar mal a Pelé aposta, coma se fora Oliver e
Benji, coma un manga xaponés, onde saía o balón de Atón, que
sacaba a falta dende o quinto nabo, ías á nevera coller un iogurte
mentres o outro se poñía a pensar no bó que era o tipo, mira por
onde lla iba clavar, se lle daba efecto, ou se a parábola collía
pra fóra e despois pra dentro, nunha traxectoria imposible que
parecía o circuito de Silverstone; cando voltabas da cociña aínda
o balón non entrara pola escadra e aínda Benji podía sacarse da
manga unha luva miragrosa. De aí debe vir o nome do xénero, da
manga, do ser menor. Pelé cando estaba metido no partido non pensaba
na náusea, nin nos margaritas, nin nos iogurtes caducaos, nin na
táctica, nin pra onde tiña que recurtar, nin sequera que había que
fodelos putos alemáns como fora, coma se fora griego. Xogaba e
pista, se pensas estás morto. O fútbol flúe naturalmente, as
xogadas aínda que poden ser diseñadas por algún arquitecto de
vestiario, brotan da alma do futbolista espontaneamente. Isto non é
verosímil na gran pantalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario