Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

29/2/20

Breve e proveitosa noticia da barbaría de Paderna

A barbaría de Manuel de Paderna estaba instalada nos baixos cla palleira de Roibás. Paderna, despois de alugar o local, abriu no mesmo unha fiestra enmarcada en branco e con luces á estrada que cruza a vila. Desde a fiestra óllase a estrada, a casa de Redondo, a Cortiña Nova -propiedade dos Hortas- e a casa pequena de Roibás, hoxe pechada. 

[...] Unha das grandes fraquezas de Paderna era o fútbol. Sempre se mostrou moi parcial do Deportivo da Coruña. Na compaña de don Francisco Roca, nativo de Outeiro de Rei, que se foi para Vilalba fundar un famoso café e ser presidente vitalicio do Rácing Clube Vilalbés, e doutros afeccionados de Outeiro d e Rei, ían mo1tos domingos na «rubia» -unha furgoneta de nove prazas-de Isidoro de Rábade até A Coruña para presenciar os partidos de fútbol do Deportivo. Paderna tiña unha grande paixón polo famoso gardarredes deportivista Acuña. Cando casou Acuña, Paderna compuxo uns versos á efeméride e non sabemos se llos chegou a enviar a Acuña ou non. Paderna dicía que Acuña era un «porteiro-gardameta» porque se trataba d o máis grand e de todos e cun nome só non lle chegaba.
   O caso foi que a revista deportiva Marca -daquela aínda non era diario-publicou un grande retrato de Acuña. Paderna retallouno e pegouno, na parede do local onde exercía a súa industria de barbeiro. Debaixo puxo estes versos da súa invención:

Aquí tendes un poeta
chamado don Xan Acuña
gran porteiro-gardameta
do Deportivo Coruña ...
Non hai quen lle META gol
a este PORTEIRO xenial,
pois o Sol con ser o Sol
non se achega ao seu portal!

   Os versos estaban escritos en tinta azul. A palabra META, con maiúsculas, figuraba en negro. Paderna dicía a quen quixora escoitalo que se trataba dunha alusión á revista deportiva Meta, que se editaba en Vigo e que logo ía fenecer, polo cal adiantándose, xa escribía en mouro o seu nome, pois é a cor propia da marte e aos defuntos cómpre respectalos para que fagan o mesmo con nós cando cheguemos a tal extremo. Canto á palabra PORTEIRO escrita en vermello, conviña destacala por dúas razóns ben evidentes para calquera que non fose unha besta brava, a saber:
   a) Acuña merecíaa que fose destacada a súa función dentro do Deportivo, pois, ademais de ser o mellor xogador deportivista. tamén o era do mundo.
   b) Ao destacar a palabra PORTEIRO, Paderna estábase nomeando a si mesmo. Ben consideradas as cousas, un alguacil de concello -e el era o alguacil propietario do Concello de Outeiro de Rei-vén a ser o mesmo que un porteiro. Ao deixar escrita aquela palabra daquel xeito, calquera erudito do futuro decatarase de que o autor dos afortunados versos era Paderne. Xa se sabe: os versos saen do nume do poeta, o pobo fainos seus e, ao cabo de vinte ou corenta xeracións, xa ninguén sabe o nome do autor. El non era un incauto e ben sabía o que facía e por que o facía. Vale máis coello no prato que cento no mato. A quen Deus lla dá, que San Pedro lla bendiga. A bos entendedores, poucas palabras...

Fragmento do relato homónimo de A tribo ten catro ríos, Manuel María.





No hay comentarios:

Publicar un comentario