Cando ti non esteas custará chegar ao fin dos días, non todos temos a tua visión do xogo, nin podemos ser sempre boas persoas. Cando che fixeron aquela durísima entrada onde libraches o xeonllo de miragre e te levantas -Pero como me entras así cona, que me podes facer moito dano carallo- nun ton e co teu sorriso devastador que impón tanto que che acaba implorando o perdón máis arrepentido que puiden presenciar nunca.
"Quería facervos partícipes dun experimento literario [...], dunha serie de relatos englobados baixo este título máis menos suxerente ou afortunado [...]. Imos deixarvos este espacio pra vos, pra que nos contedes, anonimamente, se o credes convinte ou non se vos presta deixar a vosa pegada persoal, deixaremos o voso nome, co voso relato. Contádenos iso si, o que vos saia da alma, e que xire o redor dese entreno, desa preparación que a vida vos esixe." Xosé Anxo Varela "Canti", 2018
Quen é quen?
Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog
(homenaxe)
O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.
26/2/18
Cando ti non esteas
Cando ti non esteas custará chegar ao fin dos días, non todos temos a tua visión do xogo, nin podemos ser sempre boas persoas. Cando che fixeron aquela durísima entrada onde libraches o xeonllo de miragre e te levantas -Pero como me entras así cona, que me podes facer moito dano carallo- nun ton e co teu sorriso devastador que impón tanto que che acaba implorando o perdón máis arrepentido que puiden presenciar nunca.
10/2/18
Os números
(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)
Capítulo 2
Capítulo I
-Ostia si, sería a reostia...
-Boh, sacade daí ho.
-Veña home, que iso ten flow, dixo o Jaco.
-Atrás ou non velas outras, respostaba el.
-Que si loriño, que todo canto contas é futbol e colegueo, nada de postureo, mólalle a Cristo
-Pesaos sodes carallo, maña mandóvolos en pdf.
Non volvemos ver este pequecho, marchou estudar a Santiago como Ramón, e de ningún dos dous voltamos a saber case nada, paréceme que estaba facendo Medicina segundo dixo o Manolo da Concha. Pra nosa memoria colectiva resultan ser tan necesarios como inesquecibles os seu breves relatos.