"O
home non ten unha soa e única vida, senón moitas, enlazadas unhas
con outras, e esa é a causa da súa desgracia ". Chateaubriand.
I
Este
vai ser o noso obxetivo, así volo queremos comunicar, sinxelamente:
querémosvos facer copartícipes dunha serie de relatos englobados
baixo este título máis menos suxerente ou afortunado, ero que
queremos nos ensine a seguir progresando adecuadamente no fronte
común de tentar ser e estar en forma fisica e psiquicamente, e
prepararnos pra afrontar o duro inverno da vida, o apagarse
lentamente as vidiñas dos pobos dos que procedemos, pra ir
perdendendo as nosas raíces, sin querelo nin pretendelo, porque a
vida te vai encamiñando pra ben pra mal, por outros carreiros por
donde correr. Imos deixarvos este espacio pra vós, pra que nos
contedes, anonimamente, se o credes convinte ou non se vos presta
deixar a vosa pegada persoal, deixaremos o voso nome, co voso
relato. Contádenos iso si o que vos saia da alma, e que xire o redor
dese entreno, esa preparación que a vida vos esixe.
II
Tiñamos
aí un amigo que veu adestrar durante unha boa temporada co Taboada
CF, non chegou a xogar porque dicía que lle daba vergonza, porque se
tiña por trenco, realmente era pasable como xogador, non tería sido
unha estrela, pero defendíase e gambeteaba con xenio. Era se cadra
fraco non de espíritu, pero si de vontade futbolística e non houbo
xeito de engordarlla. Despois de adestrar víamolo ás veces
garabatear co smartphone,
explicaba que sentía metáforas co balón nos pés. Igual de
reservado era pra contar máis a este respecto. O seu misterio
condenaba á nosa curiosidade. A forza de insistir e comerlle o
tarro, unha noite foi invitado a unha das ceas do club; fartos e xa
chispotes, alí nun recuncho, dous ou tres comezamos a falar con él,
de aquilo e do de máis aló, da eterna disputa que rodeou o Taboada
CF: guerreiristas vs ramonistas; daquela época gloriosa na que
coincidiron os dous no Taboada e con dezasete anos ámbolos dous,
aínda xuvenís, lle deron a última Copa ao Taboada contra a
Comercial na Ribela naquel épico 4-4 resolto nos penaltis, e logo
durante o ano seguinte maravillando entre os dous co seu fútbol
alieníxena, abrindo entre a afección a polémica de cal era mellor
dos dous, elevándose o debate ata ser cuestión case de estado. Foi
un auténtico pracer revivir todo aquilo narrado pola súa voz
agradable e verbo fácil. Contra o final da velada apretámolo pra
que soltara aquel gardado segredo que escondía no seu iphone,
non quería e non quería, ata pórselle as matulas coma tomates,
pero cedeu... sacou de móbil e comezounos a ler facendónos unha
escolma ata abraiarnos ao Poyán, ao Jacobo e máis a min.
-Iso
tes que meterllo no blog
-Ostia si, sería a
reostia...
-Boh, sacade daí ho.
-Veña home, que iso ten flow,
dixo o Jaco.
-Atrás ou non velas outras,
respostaba el.
-Que si loriño, que todo canto
contas é futbol e colegueo, nada de postureo, mólalle a Cristo
Media
hora máis tarde todo era redundante, volvémonos plastas de todo ata
que voltou ceder:
-Pesaos sodes carallo, maña
mandóvolos en pdf.
Recibímolos
no correo do clube cunha nota que decía: "Eu era guerreirista,
a cegas. Os resultados estan aí. Ramón era solidario, humilde, todo
talento tamén, era un creador nato. Xa sei que vos erades
ramonistas, pero Guerreiro xoga con 40 tacos, e Ramón parou os 18.
Quen houbera sido mellor? quen o sabe? Si que tería gañado o
Taboada de telos aos dous, de Preferente p'arriba. Seria como ter
Messi e Cristiano no mesmo equipo.
Non
volvemos ver este pequecho, marchou estudar a Santiago como Ramón, e
de ningún dos dous voltamos a saber case nada, paréceme que estaba
facendo Medicina segundo dixo o Manolo da Concha. Pra nosa memoria
colectiva resultan ser tan necesarios como inesquecibles os seu
breves relatos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario