-
A ver ho, non será tan difícil? Ten que ver co que rodea todo isto,
traballo, esforzo, superación, amizade, compañerismo,entrega,
lealdade.... Ese é o punto de partida...
-
Pois aí é nada meu, non dis ti pouca cousa. E partindo dises
ingredientes que cociñas?
-
A isto faltáballe unha volta de torca, tiña imaxes, unha banda
sonora, doses de realidade en crónicas pero vese moi monográfico,
se queres individualista, un pouco alleo a ficción por un lado e
dándolle o cú ao social por outro.
-
Entón ?
-
A idea era promover unha obra senlleir , un traballo colectivo, a
participación, un grafitti, un puzzle coral pero todo elo en negro
sobre branco. Eu que sei... pseudoliteratura, prensa, ensaio, contos,
relato breve ou minúsculo etece..., e todo aberto á toda a nosa
xente ou noso mundiño, que seguro ten cousas que decir.
-
Coma un modesto Número Cero do Eco
-
Que va home, tanparantan... esas son palabras maiores. Unha cousa
máis... máis vanal, ho, intrancendente, pero ao mellor máis
divertida.
-
E nós de Gran Hermano? Coma o home do mazo?
-
Non tío, nós cortar e pegar e como moito coordinar.
-
Non sei non o vexo, sin marcar unha pautas, unhas directrices? O
mellor con outra cervexa....
-
Será por birras. Ponnos acó outras dúas e uns pincholos, se tes a
ben. Nada, o das pautas é pra valorar. Pero mira, falando de
graffitis... estes dias aparece na prensa Carballo, que nós ven como
anel o dedo (sen Santo pero ben tallaos carballos coma nós), ben,
nunha medida pra paliar o feísmo urbanístico convocan un concurso,
no que prestan fachadas de edificios con deterioro a disposición de
artistas urbáns pra creacións libres. Directrices puxéronlles
poucas, pero bueno eran profesionais, e debían ter unha obra
contrastada, e os contidos deses lenzos urbáns poderían incluso dar
cabida ata crítica social.O resultado é deslumbrante, abraiante.
-
Voute pillando, pero aí medios seguro que puxeron a sua
disposición...
-
E ti que necesitas? Nada. Que che manden material o correo do perfil
e ti ofreces este enorme espacio en branco na nube. Se ves que vale
pra publicar falo e senón non. A única condición pra darlle unha
uniformidade e inspiración: que encaixe co título da páxina.
Valeche ? Antes falache de Eco, aquí penso que encaixaria máis un"
De que falo cando falo de correr".
-
E se.....? por un lado creas dous espacios, un que encaixe con ese
título, e outro libre coma nun libro de relatos breves, así ao
mesmo autor daslle dúas posibilidades, e ti tes por un lado unha
uniformidade coa disciplina do entrenamiento e por outro daslle pasto
a creación, a xenialidade individual, é dicer o fútbol total.
-
Oe, pois tamén vale, así sexa.
(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)
No hay comentarios:
Publicar un comentario