Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

10/2/18

Ía esperar o dia o meu cumpreanos, nacín un 10 de febreiro de 1967. Era pra ser un cumpre calquera pero quería facelo especial, non pra que se convirtir nun evento global, nin que realce a controversia da universalidade das redes sociais que pretenden convertirnos en entes únicos e iguais a par. É un cumpre no que non tiña nada bo que celebrar, máis ben ao contrrario: cousas e acontecementos sumamente tristes, que non ven ao caso relatar. Por ese feito mesmo quería celebralo con vos doutra maneira nada ao uso, en lugar de ofrecerme felicitacións, tartaletas ou detalles enormes coma reloxios impresionantes por parte dos máis achegados, sendo moi optimistas, eu queria agradecer todo o ben que vos portastes comigo durante o último ano, quería felicitarme a min mesmo por estar tan ben rodeado de amigos de verdade e de corazón; pero o que máis queria era regalarvos a vós algo, ter un detalluco con vós, xa que nunca vos dou nada. O caso ou feito é que tiven que abandonar o traballo que viñamos realizando na web e no blog, desde o ano 2007, e para que non quede abandonado de todo o legado que trataba de construír ao noso clube, quería facervos partícipes dun experimento literario que completase o espíritu renacencista e multidisciplinar co que queria enfocar especialmente o blog: o meu don pra vós sáeme barato, que é cutre, pensará alguén, e non é outra chuminada que otorgarvos unha IDEA: facervos partícipes da entrega dunha páxina nova, que en realidade queremos poñer a vosa disposición.

Para moita xente o noso deporte, o noso traballo é un espectáculo de masas, corroído polo poder do diñeiro, corrompido pola especulación, masificado polo fanatismo e sobreexcitado polo espectáculo. Razóns non faltan. Non é por abominar nin despreciar o gusto da gran maioria, líbrenos Deus. Pero hai unha gran minoria silenciosa devota de valores, que esa gran voráxine esquence, e que cre na pureza do fútbol pequechín: hai valores que a profesionalidade oculta, a beleza do xogo, os sacrificios que conleva, os contos detrás duns butelos, castañas ou mesmo unhas burguercangreburguer ben esponxosas regadas cunhas cervexas, ou viño ou licor café: as historias individuais de millóns de xogadores afeccionados, que compaxinan traballos ou gardas de 12 ou 24 horas pra meterse logo na lama, desde 12 a 15 horas á semana, tratando de conseguir xogar como os seus ídolos, e a fe que en miles de ocasións o consiguen, pero por desgraza nunca haberá unha cámara ou alguén que recorde como foi aquel paradón que o gardamaias sacou cando entraba pola escadra, aquela asistencia estratósferica, ou un gol desde máis de 60 metros. Non, acó non hai gloria.

Nesta sección queremos pór en valor o traballo semanal, e algunha historieta ou conto breve que non nos faga inesquecibles de todo. Poñémolaáa vosa disposición, pra que de xeito anánimo ou a peito descuberto, ou a través dun alias, nos las fagades chegar. Mandádesnolas por privado as contas de facebook de perrobarrenhovello, xoan barro ou xose anxo varela, e publicarémolas de inmediato. Houbo xente que nos deu a idea, e xa temos algunhas... Polo título da sección e o contido destes primeiros breves relatos, contos curtos e historias pequechiñas podedes facervos unha idea do que vos pedimos e que vós vexades que queirades aportar. Sin máis todo voso... O noso fútbol non trata de 22 descerebrad@s, en pantalóns curtos que lle dan patadas a un balón, somos homes e mulleres que sentimos e sabemos falar e temos cousas que contar, e tampouco futboleamos coma trencos, dámoslle xeito ao oficicio aínda que sen ningún beneficio. Axudádenos a demostralo, e engordaremos o fútbol dos nosos pobiños, e espallaremos as nosas amadas cores no ceo dos recordos. Espero que vos goste o regaliño desta idea. Contamos con vós, coma sempre.


(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)

No hay comentarios:

Publicar un comentario