"Quería facervos partícipes dun experimento literario [...], dunha serie de relatos englobados baixo este título máis menos suxerente ou afortunado [...]. Imos deixarvos este espacio pra vos, pra que nos contedes, anonimamente, se o credes convinte ou non se vos presta deixar a vosa pegada persoal, deixaremos o voso nome, co voso relato. Contádenos iso si, o que vos saia da alma, e que xire o redor dese entreno, desa preparación que a vida vos esixe." Xosé Anxo Varela "Canti", 2018
Quen é quen?
Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog
(homenaxe)
O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.
30/4/20
O fútbol gaélico na Galiza
5/4/20
A tolemia no fútbol base e afeccionado
![]() |
Roberto Rielo, nun partido na Medela, Taboada. Imaxe de CANTI |
24/3/20
Desencontro
Míraste no espello límpido dos seus ollos e ségueslle a conversa eufórico. Dar de fuciños nas copas cunha muller coa mesma afección ca ti e tamén seguidora do equipo local! É a noite de sorte, vaia!
Con énfase, ela láiase do pouco acerto do adestrador na aliñación para ese partido, xusto ante un rival directo na táboa. Dáslle a razón: é certo, foi un desastre o último encontro. Os xogadores non conseguían controlar o balón, fallaban nos pases, o árbitro non estivo fino: a maiores de pouco xustificada expulsión da fichaxe estrela da temporada, sinalou varias faltas dubidosas e outro tanto cos saques de banda. A afección, moi animosa nun primeiro momento, mesmo agresiva cos erros arbitrais, foi deceando conforme os visitantes, sen gran dificultade, ían materializando a súa vitoria no marcador. A verdade é que o xogo dos nosos non xeraba máis que desconcerto nos seareiros e olladas inquedas no banquiño; víase vir que a xornada ía rematar cunha contundente derrota. Aínda por riba, á decepción sumábase a gravidade da conseguinte perda de puntos, que tanto precisabamos nesta altura da competición para saír da zona de descenso.
Tan certo é o que di que non che queda outra, por moi entusiasta que sexas do combinado local, que sumarte ao seu resentimento cun engadido sobre o único aspecto que ela aínda non amentou, para amosarlle a túa conformidade coa súa visión do partido:
- E grazas que non houbo máis remates a porta, que hoxe o gardameta colábaos todos!
Nun rauto, ela érguese, óllate cunha zuna que non entendes pero que te atravesa coma un xute inesperado do dianteiro que chega á rede. Virándose de cu, escóitaslle berrarche, ríspeta e velenosa, mentres se alonxa, sen dúbida, xa para sempre:
- Estaba falando do baloncesto, zoupón! Outro coa teima do fútbol, nin que non houbese máis deportes no mundo!
Eva Teixeiro
29/2/20
Breve e proveitosa noticia da barbaría de Paderna
A barbaría de Manuel de Paderna estaba instalada nos baixos cla palleira de Roibás. Paderna, despois de alugar o local, abriu no mesmo unha fiestra enmarcada en branco e con luces á estrada que cruza a vila. Desde a fiestra óllase a estrada, a casa de Redondo, a Cortiña Nova -propiedade dos Hortas- e a casa pequena de Roibás, hoxe pechada.
chamado don Xan Acuña
a este PORTEIRO xenial,
non se achega ao seu portal!
7/2/20
Iso ímolo cambiar nós
2017, Xerais



