Quen é quen?

Quen é quen? Breve reseña biográfica das persoas colaboradoras deste blog


(homenaxe)

O 29 de xuño de 2019, en Burela, no campo da Marosa tivo lugar o I All Star Futbolinlugo. Nesta festa do fútbol lucense, con distintas actividades conmemorativas -entre elas un partido feminino e outro masculino, con combinados de xogadoras e xogadores da provincia-, tamén houbo tempo para rendir homenaxe a Canti.

4/3/19

I. Comenza a competición

O xogo converteuse en espectáculo, con poucos protagonistas e moitos espectadores, fútbol para mirar…
Eduardo Galeano / “O fútbol a sol e sombra”


Aqueles foran tempos nos cales a esclerose das estruturas federativas coincidía coa desidia das administracións á hora de fomentar a práctica do deporte entre a mocidade. A rapazada botara man da inventiva e procurou fórmulas paralelas ás oficiais para gastar o seu tempo de lecer. Así nacera acó a Liga do Inverno, unha competición doméstica conformada por pequenos clubes de fútbol de ámbito parroquial, na cal participaban clubes deportivos da comarca da Terra Chá. 

En canto chegou noticia en Bonxe tamén nos apuntamos. Deste modo e maneira pasamos de realizar interminabeis horas de xogueta entre nós, polos máis variados escenarios da parroquia, a enfrentármonos con adversarios que chegaban defendendo o nome das súas respectivas. Houbera que efectuar a composición do grupo e mesmo situar cadaquén no seu posto segundo o observado naquelas sesión xa comentadas. Así mesmo, mercar material, axeitar o campo e chantar porterías. 

A xeración anterior tiña practicado fútbol esporádicamente mais os participantes xa non estaban para tirar foguetes. Así, o grupo construíuse de novo e alá fomos con todas as expectativas ao noso dispor. A tempada proporcionou máis desgustos ca boas novas. A de novato págase cara especialmente se a maior parte dos contrincantes contan no grupo con xente experimentada. Non eramos quen de rendibilizar o esforzo realizado en resultados e ficamos na parte baixa da táboa. 

Mais aprendemos de seguida e o clube do seguinte ano foi radicalmente diferente. A pesar de sermos básicamente os mesmos integrantes o comportamento era distinto. Chegamos ao que hoxe poderíamos expresar como “máis competitivos”. Aquel grupo primeiro conformado por dúas ducias de rapaces transformouse nun conxunto que durante moitos anos logrou, no eido deportivo, unha colección de resultados onde destacaron claramente as satisfacións por enriba das derrotas.

Orlando V. Veiga
(publicado por Canti orixinalmente en Entreno diario)

No hay comentarios:

Publicar un comentario